27 sept 2013

BASES DO CONCURSO "HOXE ESCRIBÍMOLA NÓS", DE TRABALLOS SOBRE A CONSTITUCIÓN

“HOXE ESCRIBÍMOLA NÓS”
Concurso xuvenil de traballos sobre a Constitución Española

Bases do concurso:

- Tema: Trátase de presentar a Constitución Española de 1978 tal e como a cada participante lle gustaría que fose.

- Participantes: Rapazas e rapaces, nados entre o ano 1994 e o 1997, residentes na provincia de Ourense. (As/os gañadores deberán acreditalo antes de recibir os premios)

- Extensión dos traballos: Os traballos deberán ser individuais e ter unha extensión mínima de catro páxinas, e máxima de oito, coa fonte Trebuchet MS, tamaño de letra 11, e un espazo entre liñas de 1,5.  Admitiranse traballos escritos en galego ou en castelán.

- Criterios de valoración: Premiarase a capacidade analítica, a creatividade, a coherencia e a boa redacción.

Prazo e presentación: Entre o 30 de setembro e o 24 de novembro de 2013, entregaranse tres copias impresas do traballo a presentar, ou un CD que conteña o arquivo en formato pdf, dentro dun sobre grande  e asinado con pseudónimo. Dentro deste sobre débese introducir outro que, dentro, conteña os datos persoais e de contacto do/da participante e, novamente, o pseudónimo co que asinase a obra. O sobre debe ser remitido, á atención das Xuventudes Socialistas de Ourense, por correo postal ou entregados persoalmente na sede do PSdeG de Ourense, sita na rúa Ribeira de Canedo, nº 24 -26, CP: 32001. Ourense

- Xurado:
 · Presidente, sen voto: Jonathan Da Silva, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense .
Vogais:
 · Laura Seara, parlamentaria socialista pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados.
 · Miguel Fidalgo, senador socialista pola provincia de Ourense.
. Mario Tarrío Soto, Sº de Cultura, Ocio e Normalización Lingüística da executiva nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia.
  
- Premios *:
 · Primeiro premio: unha tablet Google Nexus 7
 · Segundo premio: un Ipod nano de Apple.
 · Tres accésit: que constan dun exemplar de "Los cuadernos robados" de Manuel Azaña e un DVD sobre a historia do socialismo en España.

Os premios serán entregados o día 5 de decembro de 2013.

O xurado terá a facultade de declarar desertos os premios que considere oportunos en caso de que os traballos non alcancen un mínimo nivel, tendo en conta, en todo caso, as idades das e dos destinatarios deste concurso.