26 sept 2013

Novas mobilizacións en Ourense polo dereito ao aborto.

      Esta tarde participamos nas novas mobilizacións na nosa cidade da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que as Xuventudes Socialistas formamos parte.      


Trátase de actos locais previos á movilización central do vindeiro sábado pola tarde en Santiago. Concretamente, houbo un pasa rúas no que as e os participantes percorreron as rúas do centro de Ourense cunha longa tea cor violeta extendida á vez que soaba o ritmo dunha batukada.



Con esa mesma tea rodeouse o Pazo de Xustiza, onde se deu lectura ao manifesto e se mandou dereitamente ao inferno a un Gallardón de cartón-pluma.