A secretaría provincial de Cidadanía e Interculturalidade do PSdeG a as Xuventudes Socialistas de Ourense conmemoraron o Día Internacinal da Paz cun cine-fórum acerca do conflicto Sirio e o posible ataque dos Estados Unidos.
No acto, interviron a secretaría provincial do ramo, Leticia Cid e o secretario local das Xuventudes Socialistas, que reiteraron a oposición clara que o PSOE e as Xuventudes Socialistas de Ourense manifestaron xa con respecto a unha intervención militar estadounidense en Siria.
Posteriormente, Pablo Cid, graduado en historia e profesor de Ciencias Sociais, disertou sobre o contexto histórico que desembocou na situación actual, antes de visonar o documental “A verdade detrás de Siria”, producido polo comité político de Lyndon LaRouche, controvertido economista e estadista norteaméricano, que alerta sobre a desestabilización que provocaría unha intervención sobre Siria e que podería desembocar nunha guerra termonuclear no pacífico.
Tralo visionado do documental, os asistentes mantiveron un intenso debate acerca do conflito no que participaron diversos cargos orgánicos e institucionais do PSdeG, militantes e cidadáns.