18 sept 2013

"La verdad detrás de Siria", cine-fórum na sede polo Día da Paz

O vindeiro sábado 21 de Setembro celébrase o Día Internacional da Paz. Con ese motivo, tendo en conta a inminencia dunha intervención militar dos Estados Unidos e dalgúns dos seus aliados sobre Siria - ataque contra o que xa se posicionaron contundentemente tanto o PSOE como as Juventudes Socialistas de España a nivel federal - , as Xuventudes Socialistas de Ourense, conxuntamente coa secretaría provincial de Cidadanía e Interculturalidade do PSdeG en Ourense, celebraremos un cine-fórum acerca do conflito Sirio.

Pablo Cid, compañeiro de Xuventudes e graduado en Historia pola Universidade de Vigo e profesor de ciencias sociais, fará unha introducción ó proceso histórico que desembocou na situación actual para, logo, visionar xuntos o documental "La verdad detrás de Siria", producido polo comité de Acción Política de Lyndon LaRouche, en Estados Unidos.

Posteriormente, haberá un debate aberto a todas e todos os asistentes.


O acto terá lugar o sábado 21 de Setembro, as 19:45 h, na sede do PSdeG en Ourense, sita na rúa Ribeira de Canedo, nº 24. (xunto a pasarela que conduce ó centro comercial Ponte Vella).