15 oct 2013

Manifesto das XSG polo Día Internacional da Muller Rural

Dende XSG queremos celebrar o Día Internacional da MullerRural. Estas mulleres extraordinarias que teñen unha forte carga de traballo enon ocupan as portadas dos grandes diarios, nin dos informativos de televisión,pese a que son elas as que dende que sae o sol ata que remata o día dan vida aospobos.

As mulleres do agrario manteñen as zonas rurais, coa súatarefa diaria levantan e desenvolven o entorno natural. Elas son 5 millóns nonoso país, o que supón un 30% da poboación.

Do total de explotacións agrarias que hai en España, só o27,7% están en manos de mulleres, unhas 466.193, frente ás 1,2  millóns que teñen a un home como titular. Dasque contan cunha muller como titular, o 71% encóntranse en zonas desfavorecidas, de montaña ou marxinais.

Pese a ser un piar básico do desenrrolo sostible daszonas rurais, o coidado do entorno e facer que os productos  que consumios sexan aún máis beneficiosospara a saúde. No noso país, o 82% das mulleres que traballan nas empresasagrarias familiares, como as cónxuxes ou fillas dos propietarios, non percibenremuneración algunha pola súa actividade e, de éstas, o 60% non cotiza naSeguridade Social. 

Debemos protexer os dereitos das mulleres rurais esecundar as súas aspiracións mediante axudas públicas que permitan acadar aigualdade e conciliación da vida laboral coa vida persoal, xa que as mullerespobres das zonas rurais traballan ata 16 ou 18 horas diarias, ademais deocuparse das tarefas domésticas.

Elas aliméntannos e conservan tanto as nosas orixes e tradiciónsculturais como o campo. É a nosa responsabilidade para poder ter un equilibriosocial, protexer este  mantenemento verdee cultural.