25 oct 2013

MOBILIZACIÓNS EN OURENSE CONTRA A APROBACIÓN DA LOMCE

 Toda a comunidade educativa do Estado convocou para o día 24 de outubro unha folga xeral en todos os niveis do sistema educativo contra a aprobación da coñecida como “Lei WERT”.
 Durante esta xornada tiveron lugar nas principais vilas e cidades galegas diversas manifestacións convocadas pola Plataforma Estatal por la Escuela Pública, da que forman parte as Juventudes Socialistas de España, e nas que, tamén na nosa cidade, quixemos participar para expresar a nosa oposición a unha reforma educativa inxusta, carente de consenso e que sitúa a educación en españa nunha situación semellante a época franquista.



Compañeir@s portando unha singular faixa.