17 oct 2013

A política lingüística a análise nun café-debate organizado polxs socialistas ourensáns

Esta tarde celebrouse en Ourense, no Café Isaac, un café-debate organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense e a executiva provincial do PSdeG baixo o título "A ruptura da paz lingúística".

No acto, presentado por Leticia Cid, secretaria provincial de Cidadanía e Interculturalidade da executiva provincial do PSdeG en Ourense, interviñeron Iolanda Otero, recentemente elixida secretaria nacional de Política Lingüística do PSdeG, e Mario Tarrío, o seu homólogo nas Xuventudes Socialistas de Galicia.


Nas súas intervencións iniciais, Iolanda Otero, fixo referencia á estratexia do Partido Popular para conquerir réditos electorais nas cidades baseada no ataque ao galego, especialmente durante a época de goberno progresista na Xunta de Galicia, "a costa de inventar un problema onde non o había".

Pola súa banda, Mario Tarrío, falou de "constantes incumprimentos do goberno da Xunta de Galicia en canto á lexislación en materia de normalización lingüística".

Posteriormente, abriuse un turno de debate no que os asistentes puideron plantexar  preguntas e manifestar as súas opinións afondando, entre outros, acerca do papel do galego nos medios de comunicación, dos estereotipos vinculados ao uso de galego ou  castelán ou da incorporación do portugués ao ensino e á oferta audiovisual galega.


Leticia Cid, Iolanda Otero e Mario Tarrío.