Durante os días 23 e 24 de novembro xuventudes socialistas de Ourense estiveron en Madrid, no I Foro Internacional de Xuventude e Violencia de Xénero, realizado polo Injuve e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España. Durante este foro 1.200 representantes de entidades xuvenís de 54 países de África, Asía, América, Latina e Europa, reunímonos para formarnos, debater, contrastar e dialogar sobre o posicionamento da xuventude ante a violencia de xénero. Neste foro estiveron presentes as ministras e secretarias de estado de Francia, Austria, Portugal, Chile como tamén poñentes do mundo da música, cine, Tv entre outros.
A ministra de Igualdade, Bibiana Adío, destacou “ para conseguir erradicar a violencia de xénero e absolutamente necesario que a xente nova se involucre neste desafío” e advirte “ hai que saber dicir que non e romper a tempo coas relacións perigosas e que nos fan sentir mal. As relacións que non se constrúan co respeto, non provocan felicidade nin benestar”.
Esta iniciativa pretende ser unha ferramenta para que ás organizacións xuvenís de todo o mundo inclúan nas súas axendas a prevención e loita contra a violencia de xénero e insten as entidades gobernamentais dos seus países a realizar políticas que permitan conseguir ese mesmo obxectivo.