Como é xa tradición nestas datas, as Xuventudes Socialistas de Ourense, coa colaboración do Consello da Xuventude de Galicia, saíron á rúa para recordarlle ós xóvenes ourensáns que a SIDA segue ter unha prevalencia importante no mundo e que, aínda hoxe, en España, o 80% dos contaxios se producen no marco das relacións sexuais e que, polo tanto, non debemos esquecer a responsabilidade incluso nos momentos onde recordar algo pode resultar complicado.
Con tal fin, o día 1 de Decembro, os xóvenes socialistas instalaron unha mesa informativa e distribuíron condóns e diversas campañas de sensibilización no Campus de Ourense. Asimesmo, durante a madrugada do venres 4 ó sábado 5, organizaron unha festa no Pub Face coa mesma finalidade.
A sensibilización e a educación é a solución, e ese é un traballo que nos debe concernir a todos os colectivos sociais, especialmente cando desde o fundamentalismo relixioso se cae en recomendacións absurdas, irresponsables e que incluso rozan o delicto contra a saúde pública.