O grupo, dividido en dúas balsas con capacidade para 7 persoas, trazou un percorrido de dúas horas de duración no que, ademáis dos "rápidos" do río, poidemos desfrutar dunha paisaxe excepcional levando, á nosa esquerda Portugal, e a nosa dereita, España, debuxando unha fronteira natural marcada polas "pesqueiras" orientadas á captura da lamprea, moi típica no zona.
Esta actividade mantén a tradición que dende hai décadas ven mantendo a Agrupación Local de Ourense de, no Maio Xoven, organizar unha actividade de contido máis ben político, como foi o encontro entre Francisco Rodríguez e representantes do movemento asociativo da cidade, e outra de dinamización interna, aínda que tamén aberta a tódolos socios da Casa da Xuventude, como o foi esta.