- Foi realizado en horario laboral, desde a conta de correo oficial e, presumiblemente, por un empregado da institución.
- As Xuventudes Socialistas de Ourense consideran que o presidente da institución provincial debe abrir unha investigación interna e adoptar as medidas oportunas.
O pasado xoves 20 de Maio, as 9:58 da mañá, foi enviado un mail masivo desde a conta de correo plans.provinciais@depourense.es – a conta oficial que, segundo o directorio da Deputación Provincial de Ourense, corresponde ó negociado dos “Plans Provinciais” -, que adxuntaba unha mensaxe en formato Power Point vilipendiando ó presidente do goberno, ó que se refire como “hijo de la gran puta”, ou no que é acusado de “regalar el dinero del país a los mariquitas de Zimbawe” ou de gañar eleccións “pactando con los asesinos de ETA”. “Un correo e unhas opinións que parecen gardar pouca relación co obxecto dos Plans Provinciais”- manifesta Jonathan Da Silva, Sº xeral das Xuventudes Socialistas.
No mail ó que tiveron acceso os xóvenes socialistas, aparecen reflexados sucesivos remitentes que participaron do que se converteu nunha cadea de mensaxes, sendo o remitente inicial, o propietario ou xestor da dirección citada. Asimesmo, chama a atención que na mensaxe inicial, na matriz, figure na parte inferior da páxina, a cláusula de confidencialidade que a Deputación, ó igual que as demais administracións, inclúen por defecto nos seus envíos e comunicacións oficiais vía Internet.
En canto autoría individual do envío, as Xuventudes Socialistas sospeitan que se trata de José Antonio Blanco Pérez. O presunto autor, concelleiro do Partido Popular en Esgos, é ,“como tantos concelleiros do Partido Popular”, dí Da Silva, traballador da Deputación e, concretamente, dos Plans Provinciais. Ademais, ten sido membro da Xunta de Persoal da Deputación en representación de CC.OO, “un deses sindicatos que, segundo o seu propio mail, están comprados por Zapatero”, apunta Da Silva con sorna, e ten formado parte do tribunal en múltiples procesos selectivos da institución provincial.
“De confirmarse a súa autoría, e tendo en conta que se trataría dun empregado público, que o correo foi enviado en horario de traballo, e mediante medios oficiais, resulta paradóxico e pouco consecuente,- sinala o responsable da organización,- que a mensaxe que difunde este señor remate exhortando :”Enviar a 10 personas, al menos que seas de los que está chupando del erario público”.
Á vista dos feitos, as Xuventudes Socialistas consideran urxente que a Deputación abra unha investigación interna para determinar a autoría do acontecido e adopte as medidas e sancións individuais que a Lei de Función Pública e o EBEP prevén para os empregados públicos. “De non facelo, di Da Silva, a Deputación estará confirmando como institución a súa responsabilidade e, polas particularidades do caso, empezaremos a pensar quen pretende mercar ós sindicatos”
