- Nos dípticos aparecen caracterizados Nuñez Feijoo e dous conselleiros como uns Reis Magos despistados que non atopan Ourense no mapa.
Durante a madrugada do 6 de xaneiro as Xuventudes Socialistas de Ourense desenvolveron a distribución da campaña “Ourense fóra do mapa”; con ela pretenden denunciar o abandono que diversos proxectos, considerados estratéxicos para a cidade de Ourense polos socialistas, sofren nos orzamentos da Xunta de 2011, que acaban de entrar en vigor, e a discriminación da provincia de Ourense con respecto ás outras provincias galegas.
Para facelo, difundiron polos buzóns da cidade e a través da Internet un díptico cunha imaxe na que aparecen Nuñez Feijoo, Alfonso Rueda e Marta F. Currás caracterizados como os Reis Magos de Oriente, despistados, intentando atopar nos mapas a cidade de Ourense. No texto que acompaña a imaxe, os xóvenes socialistas, denuncian que a Xunta “nin carbón nos trae ós ourensáns; máis ben, parece non atoparnos no mapa”, e cuestiónanlle ó Sr. Feijoo se “tan mal nos temos portado os Ourensáns, e se tan pouco nos merecemos”.
Entre outros, os aspectos que critican os xóvenes socialistas con respecto ós orzamentos da Xunta, destacan a nula asignación ós centros de saúde d’O Couto e do Vinteún; a nula asignación ó proxecto de integración do Campus, ou a “irrisoria” partida (50.000 €) á Ronda Bulevar, “cando se trata dunha obra de 66 millóns de euros”.

Asimesmo, denuncian que as provincias de Pontevedra e d’A Coruña reciben un 36 % cada unha da inversión autonómica, un 17 % a provincia de Lugo e, tan so, un 11% a provincia de Ourense; mentres, en contraste, sinalan que a media de inversión do Estado por habitante na provincia será de 554 euros, moi por riba da media estatal, de 356 euros, e dín que esta última, a adoptada polo Goberno do Estado, “debe ser a liña a seguir polos poderes públicos en épocas de dificultade; a de prestar máis atención a quen máis o precisa”.
Por último, con respecto ós orzamentos da Xunta, sinalan tamén no díptico os socialistas, que , “precisamente agora, a partida adicada a políticas de emprego diminúe un 10%, e a adicada ó apoio a sectores produtivos diminúe nun 19 %.”