13 feb 2011

Campaña polo 14 de Febreiro

- Mañá, 14 de febreiro, celébrase o Día Europeo da Saúde Sexual.


- Os socialistas salientan na campaña a importancia da Ley de Educación sexual e Reproduciva e Interrupción voluntaria do embarazo como un fito histórico nese eido.


- Desde a súa aprobación reduciuse nun 4%a porcentaxe de abortos en España.


Durante o día de mañá, 14 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Saúde Sexual. Con este motivo, as Xuventudes Socialistas de Ourense distribuirán no Campus da cidade unha campaña lanzada a nivel federal pola organización xuvenil do PSOE que leva por título “En cuestión de sexo no te la juegues”, acompañada pola imaxe dunha máquina “tragaperras”.



No reverso dos dípticos faise mención ás medidas adoptadas no ámbito da saúde sexual polo Goberno socialista e á oposición do Partido Popular. Entre outras, destacan a integración da educación sexual nas aulas a través da asignatura Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humáns, o acceso á pílula post-coital sen receita e, sobre todo a aprobación da Ley de Educación sexual e Reproduciva e Interrupción voluntaria do embarazo, xa que, informan os socialistas, dende a súa aprobación reduciuse nun 4 % o número de abortos en España, en nun 10% o número de casos de SIDA diagnosticados.



Asimesmo, critican que o Partido Popular - “se teña comportado como o brazo política da xerarquía católica que, se ben é natural que promovan os seus valores entre os seus fieis” – sinala Jonathan Da Silva, secretario xeral da organización, “non é aceptable que pretendan unha lexislación en base a eles nun Estado aconfesional como o noso”



Ademais da campaña, a patires das 17:15 h, situarán unha mesa informativa na biblioteca do Campus onde porán á disposición de todos aqueles que se acheguen ata alí, de xeito gratuito, preservativos e dípticos informativos sobre o VIH.