As Xuventudes Socialistas de Ourense piden a inmediata
dimisión do presidente de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio PARENTE, polo vídeo que se está a facer viral difundido
por “OKDiario”, no que sae o
dirixente popular facendo o saúdo fascista ao berro de ¡Viva España! tendo
de fondo o símbolo das SS
nazis nun cartel que fai referencia á “noite dos coitelos largos” de 1934. (axúntase capturas de pantalla do video).
Para as Xuventudes Socialistas de Ourense resulta vergoñento que un dirixente popular, que
ademais formaba parte das listas
electorais do PP, faga tan gratuíta apoloxía do fascismo e do nazismo menosprezando e banalizando así a tódalas
vítimas da ditadura.
O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas, José
Antonio NÓVOA, destaca tamén que Ourense é algo máis que mozos bébedos facendo
o saúdo fascista e políticos ofrecendo
postos de traballo a cambio de favores sexuais. E lamenta a imaxe que se
está dando do noso territorio ó resto do país.